martes, 17 de marzo de 2015

Qué son os incendios forestais?

                    galicia.jpg

Un incendio forestal é un fogo que se extende sen control en terreo forestal afectando ao medio vexetal.
Este tipo de incendios distínguense dos incendios normais por a súa amplia extensión, a velocidade coa que se pode estender dende o lugar de orixe, a súa potencia para cambiar de direción e a capacidade para superar obstáculos como vías públicas, cortafogos...

                   

Algunhas das causas son as seguintes:
  • Incendios intencionados: representan o 60-70% dos casos. Normalmente débese a unha queima ilegal, non autorizada, incontrolada ou en algunhas ocasións a casos de pirómanos.
  • Neglixencias e cousas acidentais: representan o 15-25% dos casos. Causados por queimas agrícolas, cabichas ou fogueiras mal apagadas.
  • Naturais:  representan menos do 5% dos incendios. Case sempre se debe a ación dun raio.
  • Menos do 2% dos casos débese a un incendio que revive a sua actividade por estar mal estinguido e comezan a arder novas partes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario