viernes, 17 de abril de 2015

Comerciantes ilegais deixan orfo a un mono araña.


Este mono araña bebé, de duas semanas de vida quedou orfo devido a que uns comerciantes ilegais mataron a sua nai. Segundo as primeiras investigacións, o mono araña foi entregado a unha persoa "en pago de deuda" polo cal o departamento xurídico do CONAP xa se atopa facendo as dilixencias legais correspondentes ao caso.
A distribución de esta especie é escasa, por o cal forma parte do Listaxe de Especies Ameazadas e do da Convención sobre o Comercio Internacional de Especies de Flora e Fauna Ameazadas.
Tendo en conta a idade actual do animal, necesita coidados particulares, alimentación con biberón e leite especial para o crecemento, polo cal a súa liberación será en uns tres anos.
Polo tanto a cría será trasladada a un refuxio da Asociación de Rescate e Conservación da Vida Silvestres  -ASCAS- na provincia de Petén.

miércoles, 15 de abril de 2015

O canguro de Matschie atópase en perigo de extinción.


O seu nome científico é Dendrolagus matschiei, puxéronllo en honor ao biólogo alemán Paul Matchie.
O hábitat natural de esta especie está desaparecendo debido á invasión humana. A súa morfoloxía cambia con respecto á máis coñecida do canguro tradicional que habita en Australia. Teñen un tamaño moito máis pequeno que o de autraliana, pero esta non é a única diferencia, xa que os machos poden alcanzar os 11 kilos de peso e as femias tan só chegan aos 9.
Unha das súas principais características é o pelo dorado nas suas extremidades e no peito, o resto do pelaxe e de cor escuro, as suas orellas son parecidas as do oso e non poseen o sentido do oído moi desarrolado.
A vida destes canguros suele alongarse ata os 14 anos en liberdade, mentras que en cautividade poden chegar a alonxarse ata os 20.
Este tipo de canguro é orixinal da península de Huon, no noreste de Nova Guinea. O continente asiático está plagado de animais en perigo de extinción como o tigre, o oso panda ou o elefante asiático, ao que se suma xa este canguro. 
O seu hábitat está nos bosques montañosos de altitudes entre 1.000 e 3.000 metros. A principal ameaza que sofren é a escaseza de alimentos, provocada por a recoleción das poboacións cercanas ao seu medio.

viernes, 10 de abril de 2015

Anémonas

                   

As anémonas mariñas son unha especie de flores pero as cales agochan tras o seu aspecto un gran depredador que cazan presas e xogan un papel vital na vida mariña.
 As enémonas son pólipos que se anclan a calquera superficie que elixan con un pé adhesivo como accesorio, chamado disco pedal e ten un corpo que consta de entre dez e centos de tentáculos. A boca téñena no centro do disco rodeada tamén por os tentáculos, estes tentáculos teñen veneno que sea ao exterior mediante un pelo no extremo tan pronto como detecta un perigo ou a comida, teñen unha vesícula que contén todas as toxinas para paralizar a presa.
O sistema de anémona presa e defensa é bastante simple pero moi eficaz, cando tocamos as anémonas teñen un tacto pegaxoso.
Entre a familia das anémonas hai unha gran variedade de forma e color, a maioría delas atópanse ancladas a donde se estableceron orixinalmente aínda que se o desexan poden moverse.
 
                          
Esta anémona chámase colonial cebra, tamén chamada gorgonia cebra de envoltura raiada.