martes, 17 de febrero de 2015

Un regulador xenético, responsable de que o cerebro humano sexa de maior tamaño que o dos seus parientes, os chimpancés.

                                  

O tamaño do cerebro humano expandiuse drásticamente durante o curso da evolución, isto aportounos capacidades únicas para usar o lenguaxe abstrato e facer matemáticas complexas, pero ata agora non se sabía como o cerebro humano se agrandou máis que o dos nosos parientes vivos, os chimpancés. Según unha investigación o responsable é un regulador específico da actividade dos xens.
Científicos da Universidade de Duke, demostraron que é posible selecionar os principais cambios no código xenético entre os chimpancés e os seres humanos e observar que afectou no crecemento temperán do cerebro mediante o uso de embrións de ratos.
O equipo atopou que os seres humanos están equipados con pequenas diferencias nun regulador específico da actividade xenética.


lunes, 2 de febrero de 2015

As baleas morren deixándonos unha importante mensaxe, os seus estómagos están cheos de plásticos.

                      
Un cachalote apareceu varado en 2013 nunha illa situada en Holanda, intentaron rescatalo pero finalmente non puideron facer nada por el e morreu. Era un adulto xoven de 13´5 metros de largo que foi levado ao porto Harlington para realizarlle unha necropsia. O cachalote tiña plásticos no seu estómago, algo que se converteu nun fenómeno cada vez máis común.
En marzo de 2013, outro cachalote de 10 metros de lonxitude varou na costa sur de España, este animal tragara 59 tipos diferentes de plásticos os cales pesaban 17 kilos.
Os plásticos máis atopados en este tipo de mortes son os laminados transparentes utilizados na construción de invernadoiros de tomates de Almería e Granada para a súa comercialización a nivel europeo. O resto dos productos son bolsas de plásticos, metros de cordas, tiras de mangueiras, pequenos maceteiros de plantas e latas de plástico de spray.
A causa da morte resulta ser un bloqueo intestinal devido a todos os residuos que se acumulan no estómago, desgraciadamente cada vez aparecen máis casos deste tipo por as nosas costas.