lunes, 15 de diciembre de 2014

O xeo de Groenlandia derretese.

                  

O xigantesco cubo de xeo que cubre a maior parte de Groenlandia con case cinco veces a extención de España, estase derretendo a un ritmo bastante acelerado. Un estudo mostra que a súa masa xeada perde kilómetros cúbicos como para unha  vez augados totalmente encher 110 millóns de piscinas olímpicas cada ano.
Groenlandia é por detrás da Antártida a maior reserva de auga doce do planeta. Estimouse que se todo o xeo que cubre a isla de derretise, o nivel do mar elevaríase máis de seis metros con respecto ao nivel actual. Este suceso non aparecería de golpe pero segun os científicos realizarase de forma continuada.
Ata agora as estimacións están baseadas no casquete xeado de Groenlandia, na evolución de catro dos seus maiores glaciares, cada un deles morrendo en un punto cardinal da isla. Fíxanse no grosor, cambios de altura, ritmo de avance cara ao mar e desxeo destes ríos a cámara lenta. 

miércoles, 10 de diciembre de 2014

Duas estrelas enormes están a piques de fundirse nunha soa.

                            

Unha estrela de unhas 38 veces de masa do Sol e outra un pouco máis lixeira, de unhas 32 masas solares, están tan cerca que comparten unha envoltura. Ámbalas duas orbitan ao redor de un centro de masas común, e acabarán fusionándose nunha única super estrela. 
Será en algúns millóns de anos, nin sequera en decenas de millóns de anos, tendo en conta que eso non significa nada en termos astronómicos xa que o noso Sol ten 4.500 millóns de anos de vida. 
Este sistema binario foi descuberto na Universidade de Alicante por o astrónomo Javier Lorenzo.
Cando as duas estrelas se fusionen, a nova seguirá a súa evolución normal e posiblemente acabe a súa vida en unha gran explosión de supernova.
En canto a fusión aínda non está claro como sucederá, algunhas teorías  suxiren que será un proceso extremadamente rápido, liberando unha enorme cantidade de enerxía en unha especie de explosión. Outras teorías favorecen un proceso menos violento pero en calquera caso, espectacular.

viernes, 5 de diciembre de 2014

Un xen protexe as mulleres latinas do cancro de mama.

                                   

O cancro é unha enfermidade na que a herencia xenética que recibimos dos nosos pais, avós e outros antepasados máis lonxanos poden aumentar as posibilidades de sufrir un tumor. Por sorte tamén hai variantes xenéticas que funcionan como escudo contra algúns tipos de cancro.
Esto é o que descubriron nun estidio con mulleres latinas en EEUU, México e Colombia. Unha mutación que levan ao redor do 20% das latinas reduce o risco de sufrir un tumor de mama en un 40%. Ter duas copias desa variante xenética reduce o risco ata o 80%, aínda que só o 1% das mulleres latinas analizadas tiñan esas doas copias.
                           
Unha muller branca ten un risco do 13% de sufrir esta enfermidade ao longo da vida, unha muller de raza negra, un 11%, e unha latina, ao redor do 9%. A pesar disto as causas da resistencia non están claras.
A variante protectora atopouse despois de analizar o xenoma de 977 mulleres latinas con cancro de mama e comparandoo co de 722 mulleres sans do mesmo grupo étnico.

viernes, 28 de noviembre de 2014

Descobren o segredo dos boitres para poder comer carne en estado de descomposición.

                     

Os boitres poden comer cadáveres en descomposición que farían enfermar a case calquera animal.
Cando un ser vivo morre, unha gran cantidade de microorganismos comenzan a adeixarse ver  nos restos. Moitos deles como por exemplo o ántrax, empregado como arma biolóxica, son tóxicos para outros seres vivos, pero non para os boitres.
Este tipo de prácticas alimentarias aumentan a posibilidade de que os boitres acaben inxerindo bacterias fecais, tóxicas para a maioría dos vertebrados. Cabe a posibilidade de que sexa  unha alianza con este tipo de bacterias o que permita aos boitres resistir ao tóxico cóctel de microvios que acompaña a carroña.
Un estudo dos microorganismos que se atopan no intestino dos boitres rexistrou que dous tipos de bacterias perigosas eran abundantes. Os boitres contan con un sistema de filtrado intestinal que ten preferencia por as bacterias que soen ser tóxicas e non deixa pasar outros microorganismos que viven en armonía con outras especies, como a nosa.

viernes, 21 de noviembre de 2014

O corazón reacciona en duas fases moi diferenciadas tras un infarto.



Científicos do Centro Nacional de Investigadores Cardiovasculais (CNIC) demostraron que o corazón reacciona ao infarto de unha maneira moi diferente a como se pensaba hasta o momento. Antes desta invertigación dábase por feito que inmediatamente tras un infarto producíase unha reacción que incrementaba o contido de auga e células inflamatorias no tecido infartado e que permanecia estable durante case unha semana. 
O equipo de invertigadores liderado polos cardiologos Borja Ibáñez e Valentín Fuster, fixo uso da tecnoloxía de imáxes máis avanzadas para demostrar que este dogna clásico é incorrecto e o corazón actívase con duas reaccions edematosas moi ben diferenciadas e separadas no tempo.

Un modelo similar ao humano.

O descubrimento principal do estudo e que é un modelo experimental moi similar ao humano, o tecido miocárdico ten unha reacción moi aguda, caracterizada por o desarrollo inmediato de unha reacción que fai que o que o tecido infartado duplique o seu volume en poucos minutos.
Imáxes dunha resonancia magnética do mesmo suxeito en diferentes momentos da primeira semana
 post-infarto. 
Catro días despois do infarto, o tecido cardíaco sofre unha nova reacción inflamatoria que volve a facerse máxima unha semana despois do primeiro suceso.

141116_fig paper dual_CNIC

O carpinteiro imperial está en perigo crítico de extinción.


O carpinteiro imperial (Campephilus imperialis) foi incluído pola IUCN na listaxe de animais en perigo crítico de estinción. O paxaro carpinteiro non foi visto vivo con rexistros fiables dende 1956, esto unido a que se produciu unha gran destrución medioambiental e a caza, pensase que levaron a especie á extinción.
A través do mapeo e do análise do hábitat non se cree que ningunha poboación pudera sobrevivir, en todo caso se quedara algún exemplar, o estado do hábitat convertiu a súa situación na de un paxaro virtualmente extinto. Sen embargo aínda non pode ser tomado como extinto oficialmente, así calquera resto de poboación sería demasiado pequeno, e por esta razón consideraselle en perigo crítico.
Dende logo a súa caracterización máis popular é a dos debuxos animados do paxaro tolo, isto non axudou a salvar a estes fermosos paxaros.

                                               

viernes, 14 de noviembre de 2014

Unha muller sobrevive logo de 45 minutos sen pulso tras unha cesárea.






Unha muller deu a luz a unha nena sá antes de que o líquido amniótico entrara no seu torrente sanguíneo e corazón creando un vacío e frenando a circulación. Os médicos aseguran que a miúdo esta é unha condición fatal. Un equipo de doctores da saúde posou tres horas intentando revivir a esta muller despois de unha inusual embolia de líquido amniótico. Cando os médicos se dispoñían a pronunciar a morte de Ruby Graupera Cassimiro, un bip indicou un latido do corazón en un dos monitores. A pesar de estar 45 minutos sen pulso devido a unha complicación na súa cesárea, non sufrio ningún tipo de dano cerebral.

Descobren o xen mutado que causa a morte súbita.


Un estudo basado na secuencuación do xenoma de pacientes españois con miocardiopatía hipertrófica causante da morte súbita hereditaria, permitiu identificar unha nova forma hereditaria desta enfermidade e decubrir o xen mutado responsable do seu progreso. Esta invertigación proporciona novas claves acerca das alteracións moleculares responsables dunha enfermidade que causa numerosos casos de morte súbita.
A miocardiopatía hipertrófica é unha enfermidade relativamente frecuente que representa unha das principais causas de morte súbita en adultos xóvenes. 


Esta mutación provoca a formación de agregados de estas proteínas no músculo cardíaco que se acumulan co tempo e impiden o correcto funcionamento do corazón. 
Este descubrimento permitirá identificar aos portadores de mutacións, que serán obxecto de seguemento clínico contínuo e se fose necesario implantaríaselle un desfibrilador que evite o procedo que desencadea a morte súbita en estes pacientes.

miércoles, 12 de noviembre de 2014

O curioso mono da nariz plana.


Este curioso mono de nariz plana conocese científicamente como Rhinopithecus strykeri e foi descuberto por un grupo de primatólogos de Birmania. 
A principal característica de este extraño mono é que ten a nariz doblada cara atrás, o cal o fai estornudar cada vez que chove, pero para evitar que a chuvia empape a súa nariz, este animal pasa eses días sentado coa cabeza encaixada entre as súas pernas. Outra característica propia de esta especie é que ten un abundante pelaxe co que consegue resistir nos días de inverno.


A comunidade científica aínda non sabe moito desta especie recién descuberta, a pesar disto os cazadores locales xa coñecían a especie e chamabanlles 'nwoah' que no seu dialecto significa 'mono coa cara xirada cara arriva' e aseguran que é relativamente fácil de detectar.

lunes, 10 de noviembre de 2014

Crean ratos transparentes para estudar a evolución de enfermidades.


             

Científicos xaponeses lograron este avance gracias a un cóctel de substancias químicas que denominaron Cubic o que produce a decoloración do sangue progresivamente. Lograron facer transparentes ratos adultos, vísceras...
O equipo de científicos explica que este feito permite observar os órganos e estudar a evolución de enfermidades como o cancro ou a diabete sin a necesidade de diseccionar os animais.
Este proceso consiste en introducir progresivamente un cóctel de substancias químicas denominado Cubic a través dos vasos sanguíneos dos órganos dos ratos, o que decolora con éxito o sangue.
Tras expoñer os órganos ao Cubic entre 10 e 14 días, o equipo logrou volver transparentes vísceras concretas dos animais e ratos adultos enteiros, aínda que xa podían volver transparentes fetos de rato e o cerebro de ratos adultos, este cambio supuxo un gran avance para a ciencia.
Tamén observaron que se un rato é diabético, volvendoo transparente excepto a zona do páncreas poderían saber o procedo mediante o cal ese tipo de células se reduce en número debido á enfermidade.

jueves, 6 de noviembre de 2014

Xúpiter volve facernos un guiño.


Xúpiter mostrounos de novo o seu ollo, só en contadas ocasións conseguimos observar o seu guiño.
A mirada do planeta foi descuberta por o telescopio Hubble da NASA que captou este fenómeno en abril pero non foi esta a única vez. Por sorte o ollo de Xúpiter puido ser inmortalizado para ser mostrado ao mundo.
Como mostra a imáxe, na superficie deste planeta resalta un círculo negro, este fenómeno sucede de vez en cando e é cando a Xúpiter lle gusta botarnos un ollo.
As responsables deste fenómeno son as lúas que xiran ao seu redor e que ao interpoñerse entre a lente do telescopio e o planeta crea este efecto ocular.
A mancha de abril era a sombra da lúa Ganímedes, un dos satélites máis grandes que ten Xúpiter en órbita.

miércoles, 29 de octubre de 2014

Captan unha fotografía da Terra e a cara agochada da Lúa.


Unha misión espacial esperimental China, Chang'e 5T1, enviou unhas imáxes nunca vistas que amosan a cara agochada da Lúa, cunha vista en segundo plano da Terra. Estas imáxes tomáronse coa cámara de vixilancia dos paneles solares da nave espacial. 
Esta misión lanzouse o 23 de outubro para realizar un voo de ida e volta de oito días ao redor da Lúa e espérase o seu regreso a Terra o día 1 de novembro. A misión é unha proba previa de Chang'e-5, a cuarta sonda luar de China que ten como obxectivo recoller mostras da superficie da Lúa.




martes, 28 de octubre de 2014

Alan Eustace supera o récord de caída libre.


Alan Eustace de 57 anos superou a marca do austriaco Felix Baumgartner lanzándose dende unha altura de 41.150 metros. Ascendeu nun globo de helio sobre o deserto de Novo México (Estados Unidos).
Cando todos críamos que a marca de Felix Baumgartner  era insuperable, dous anos máis tarde, un directivo de Google sacou valor suficiente para ir máis alto. Alan Eustace, vicepresidente de Google, superou o récord de caída libre, e batiu o récord de velocidade de descenso, en total o salto durou 15 minutos a pesar de que tardou duas horas en ascender no globo ata o lugar dende o que se ía lanzar. Ao pouco de comezar o salto rexistrouse unha velocidade de 1.322 km por hora.


O executivo levou un traxe como o dos astronautas diseñado especialmente para soportar altitudes e velocidades extremas, desplegou un paracaídas para tocar terra firme sen golpearse.
Deste xeito quedou atrás o récord de Baumgartner, que o 14 de outubro de 2012 se convertiu no primeiro ser humano en romper a velocidade do son en caída libre ao saltar dende unha altura de 39.068 metros.
O salto foi preparado con discreción durante os últimos anos.





viernes, 24 de octubre de 2014

¿Qué é o cancro?



A palabra cancro quizás sexa unha das palabras máis utilizadas e que máis asusta cando se fala da saúde e do seu contrario, a enfermidade. Cancro é un termo que se emprega para un grupo de enfermidades que teñen un demonimador común: a transformación da célula normal en outra que se comporta de forma moi perigosa para o corpo.
O cancro é unha enfermidade provocada por un grupo de células que se multiplican sen control e de maneira autónoma, invadindo localmente ou a distancia outros tecidos. En xeral, tende a levar a persoa infectada a morte xa que na maioría dos casos non se trata adecuadamente. Na actualidade coñécense máis de 200 tipos de cancro, a pesar disto os máis comúns son os de pel, mama, pulmón e colorrectal.
A malignidade do cancro, é variable, o comportamento das células canceríxenas caracterízase por carecer do control reproductivo, con isto gañan a capacidade de invadir de forma progresiva e por distintas zonas un mesmo órgano e incluso infectando a distancia o que se denomina metástase o que provoca un crecemento e división máis alá dos límites normales do órgano.
As diferencias entre tumores benignos e malignos consisten en que os primeiros son de crecemento lento, e os segundos son de crecemento rápido e se propagan a outros tecidos, na maioría dos casos este cancro repitese tras ser estirpado e provoca a morte nun tempo variable de tempo se non se recibe un bo tratamento. A maioría dos cancros forman tumores sólidos, pero algún como a leucemia non.
O cancro pode afectar a persoas de todas as idades, incluso a fetos, pero o risco de sufrir os máis común aumenta ca idade. O cancro causa cerca do 13% de todas as mortes.

Mario Pérez no cume da ciencia


O boirense Mario Pérez é un dos investigadores galegos máis destacados no momento. Mario é un rostro que inspira esperanza gracias aos seus esforzos, xa que nas súas mans está que moitas das persoas que padecen cancro poidan superar ese duro bache. Licenciado en Odontoloxía é experto en cancro oral e compatibiliza a docencia e a investigación coa súa actividade privada en Vigo.
Sempre foi un estudante exemplar e por iso mesmo case todas as súas notas foron matrículas de honor, ademais disto recibiu o premio extraordinario da Universidade de Santiago de Compostela.
A pesar de todos os seus eloxios, e o alto que está chegando gracias aos seus esforzos, Mario non olvida de donde ven, e por isto que de vez en cando regresa a Boiro para estar coa familia.

miércoles, 22 de octubre de 2014

Un boirense aspira a descubrir a cura para a leucemia


O boirense Gonzalo Blanco Ares, conseguiu este mesmo ano unha beca valorada en 100.000 euros para facer un doctorado nunha universidade de Barcelona. É licenciado en Bioloxía Molecular e Biotecnoloxía por a Universidade de Santiago de Compostela, ademais de diferentes másters que obtivo na univerdidade de Barcelona, de feito o seu proxecto de fin de máster tiña que ver cunha investigación de novas variantes xenéticas relacionadas coa resistencia ó VIH.
Deste xeito a súa intelixencia está máis que demostrada ao longo da súa traxectoria e ó fin logrou un recoñecemento como tal.
O obxectivo destas becas e a incorporacion de xóvenes talentos nacionais e internacionais ás universidades e centros de investigación do país.


viernes, 17 de octubre de 2014

Benvidos

Benvidos, este blogue está creado para a asignatura Ciencias para o mundo comtemporáneo de primeiro de bacharelato.  No blogue amosaremos diferentes historias e noticias que teñan que ver co mundo que nos rodea, esperamos que sea do voso agrado.