viernes, 29 de mayo de 2015

Declaran oficialmente extinto o leopardo nubrado.


O leopardo nubrado de Formosa coñecido cientificamente como Neofelis nebulosa brachyura é unha especie extinta que habitaba na illa de Taiwán.
Este animal foi o segundo maior depredador da illa, solo foi superado por o oso negro de Taiwán.
O leopardo nubrado de Taiwán extinguiuse ao redor de 1990 por destrución do seu hábitat, véndose o brigado a retirarse ás montañas, lugares que foron utilizados para os seus últimos refuxios.
O último avistamento confirmado de esta especie ocurriu en 1983 na montaña Tawu por uns cazadores furtivos. Sábese que en 1989 no Parque Nacional Taroko, atopouse un nativo que usaba a pel de un destes felinos. Ao redor de 1990 ocurriron algúns avistamentos no Parque Nacional Yushan aínda que ningún foi confirmado.
Entre os anos 2000 e 2004 colocáronse máis de 13000 cámaras co obxectivo de captar a fauna salvaxe, pero non se obtuvo ningunha imáxe do leopardo nubrado, sendo finalmente declarado como extinto en agosto de 2013.

                

viernes, 15 de mayo de 2015

Sapos que comen ata ratóns.

                       5-animales-que-son-asesinos-brutales-y-no-sabias-3.jpg

O sapo é un asasino brutal e non o sabíamos, este animal é considerado adorable por moitas persoas.
Os sapos cornudos de sudamérica compoñen unha especie de anfibios totalmente descomunal. Caracterízanse por un gran tamaño e unha boca xigante, na cal entra todo o que o seu corpo lle permite, dende insectos, ranas, lagartixas e outros anfibios, arañas e pequenas aves, e por suposto ratas e ratos que teñen case o seu tamaño, con algunha destas presas ás veces chegan a luchar a morte. A boca desta criatura é un verdadeiro abismo e poden ocupar a mitad do corpo, é por iso que tamén lles chaman "sapo pacman".
Estos sapos cornudos son moi glotóns, é por iso que se teñen atopado na natureza mortos por asfixia, esto dévese a que en moitas ocasións a presa é incluso máis grande do que o seu corpo llo permite.
Así é que os podes atopar en selvas brasileñas mortas, coa boca semiaberta e medio corpo atrapado, saíndo da súa boca.

                     

viernes, 8 de mayo de 2015

O leopardo das neves.


O leopardo das neves é coñecido polos expertos como (Panthera uncia) é unha especie de mamífero carnívoro da familia propia das montañas de Asia Central. Vive nas montañas remotas a altitudes de ata 6000m, motivo polo cal é pouco o que se sabe acerca deles. 
O seu pelo é gris claro e moi expeso, ten unha cola tamén moi longa, a cal a usa para enrollala ao redor do corpo e abrigarse.
Caza de día e ataca a todo tipo de animais salvaxes e incluso ao gando. A veces, os granxeiros matanos, outras son cazados pola súa pel.
Descoñecese a cantidade de exemplares que quedab eb estado salvaxe aínda que se estima que hai apenas 5000 exemplares, isto fai que falemos de unha especie en perigo de extinción.                                              
O período de xestación é de 100 días aproximadamente, normalmente teñen dous cachorros, aínda que poden ter un máximo de cinco crías. Consideranse adultos aos dous anos.

viernes, 17 de abril de 2015

Comerciantes ilegais deixan orfo a un mono araña.


Este mono araña bebé, de duas semanas de vida quedou orfo devido a que uns comerciantes ilegais mataron a sua nai. Segundo as primeiras investigacións, o mono araña foi entregado a unha persoa "en pago de deuda" polo cal o departamento xurídico do CONAP xa se atopa facendo as dilixencias legais correspondentes ao caso.
A distribución de esta especie é escasa, por o cal forma parte do Listaxe de Especies Ameazadas e do da Convención sobre o Comercio Internacional de Especies de Flora e Fauna Ameazadas.
Tendo en conta a idade actual do animal, necesita coidados particulares, alimentación con biberón e leite especial para o crecemento, polo cal a súa liberación será en uns tres anos.
Polo tanto a cría será trasladada a un refuxio da Asociación de Rescate e Conservación da Vida Silvestres  -ASCAS- na provincia de Petén.

miércoles, 15 de abril de 2015

O canguro de Matschie atópase en perigo de extinción.


O seu nome científico é Dendrolagus matschiei, puxéronllo en honor ao biólogo alemán Paul Matchie.
O hábitat natural de esta especie está desaparecendo debido á invasión humana. A súa morfoloxía cambia con respecto á máis coñecida do canguro tradicional que habita en Australia. Teñen un tamaño moito máis pequeno que o de autraliana, pero esta non é a única diferencia, xa que os machos poden alcanzar os 11 kilos de peso e as femias tan só chegan aos 9.
Unha das súas principais características é o pelo dorado nas suas extremidades e no peito, o resto do pelaxe e de cor escuro, as suas orellas son parecidas as do oso e non poseen o sentido do oído moi desarrolado.
A vida destes canguros suele alongarse ata os 14 anos en liberdade, mentras que en cautividade poden chegar a alonxarse ata os 20.
Este tipo de canguro é orixinal da península de Huon, no noreste de Nova Guinea. O continente asiático está plagado de animais en perigo de extinción como o tigre, o oso panda ou o elefante asiático, ao que se suma xa este canguro. 
O seu hábitat está nos bosques montañosos de altitudes entre 1.000 e 3.000 metros. A principal ameaza que sofren é a escaseza de alimentos, provocada por a recoleción das poboacións cercanas ao seu medio.

viernes, 10 de abril de 2015

Anémonas

                   

As anémonas mariñas son unha especie de flores pero as cales agochan tras o seu aspecto un gran depredador que cazan presas e xogan un papel vital na vida mariña.
 As enémonas son pólipos que se anclan a calquera superficie que elixan con un pé adhesivo como accesorio, chamado disco pedal e ten un corpo que consta de entre dez e centos de tentáculos. A boca téñena no centro do disco rodeada tamén por os tentáculos, estes tentáculos teñen veneno que sea ao exterior mediante un pelo no extremo tan pronto como detecta un perigo ou a comida, teñen unha vesícula que contén todas as toxinas para paralizar a presa.
O sistema de anémona presa e defensa é bastante simple pero moi eficaz, cando tocamos as anémonas teñen un tacto pegaxoso.
Entre a familia das anémonas hai unha gran variedade de forma e color, a maioría delas atópanse ancladas a donde se estableceron orixinalmente aínda que se o desexan poden moverse.
 
                          
Esta anémona chámase colonial cebra, tamén chamada gorgonia cebra de envoltura raiada.

miércoles, 18 de marzo de 2015

A primeira cría de león branco nacida en Basil cumpre dous meses de vida.

                      
Sua nai rechazouno pouco despois do seu nacemento pero ahora esta cría de león branco convertiuse nunha atración no zoolóxico brasileño de Santa Catarina. A pequena sobreviviu gracias ao desvelo dos seus coidadores e ás tomas de leite de cabra con vitaminas especiais que recibe varias veces ó día.
A pequena chamase Clara e ten dous meses de vida, os seus pais chegaron ao zoolóxico procedentes de Sudáfrica catro anos antes do seu nacemento.
Clara atópase en bo estado de saúde e aislada, de momento, dos demais leóns do zoo, isto débese a extraña mutación que sufriu na cor da pel.

Unha aurora boreal cubre de verde o ceo a noite de San Patricio.

                Auroras boreales

Os astrónomos do colectivo Slooh mostran en directo, dende as 23:00 unha aurora boreal dende Islandia, un dos mellores lugares para captar este fenómeno celeste.
A emisión coincide coa celebración do Día de San Patricio, co que os aficionados á astronomía poden observar na transmisión o ceo nocturno tinguido de verde.
No camiño ás Illas Faroe para relatar o eclipse solar do 20 de marzo, o equipo da expedición Slooh, fará unha parada para emitir as increíbles imáxes de unha aurora boreal en Islandia.
As auroras boreais prodúcense cando o Sol crea vento solar que choca contra a atmósfera da Terra, este fenómeno crea nos polos espectaculares imáxes.
Os meses óptimos das auroras boreais "Polo Norte" son entre setembro e marzo no hemisferio norte e os das auroras austrais "Polo Sur" son de marzo a setembro para os científicos do hemisferio sur.
                             

martes, 17 de marzo de 2015

Qué son os incendios forestais?

                    galicia.jpg

Un incendio forestal é un fogo que se extende sen control en terreo forestal afectando ao medio vexetal.
Este tipo de incendios distínguense dos incendios normais por a súa amplia extensión, a velocidade coa que se pode estender dende o lugar de orixe, a súa potencia para cambiar de direción e a capacidade para superar obstáculos como vías públicas, cortafogos...

                   

Algunhas das causas son as seguintes:
  • Incendios intencionados: representan o 60-70% dos casos. Normalmente débese a unha queima ilegal, non autorizada, incontrolada ou en algunhas ocasións a casos de pirómanos.
  • Neglixencias e cousas acidentais: representan o 15-25% dos casos. Causados por queimas agrícolas, cabichas ou fogueiras mal apagadas.
  • Naturais:  representan menos do 5% dos incendios. Case sempre se debe a ación dun raio.
  • Menos do 2% dos casos débese a un incendio que revive a sua actividade por estar mal estinguido e comezan a arder novas partes.

domingo, 15 de marzo de 2015

A tartaruga verde mariña, en perigo de extinción.

                     

Esta tartaruga atópase protexida en case todo o mundo xa que o seu estado está ameazado, polo tanto é ilegal capturar, danar ou matar este animal. A poboación desta tartaruga localízase en todo o océano Atlántico, pero a maior parte concentrase no Caribe e na costa este do continente americano.
As tartarugas mariñas saen a superficie para aniñar pero a maior parte do tempo atópanse en augas costeiras. En canto a reprodución, este animal pode pór 200 ovos de cada vez, que rompen pasados 45 e 75 meses, a maior diferencia cos seus parentes é que teñen o fuciño mais corto.
Os seus caparazóns están cheos de cores que varian ao longo da vida da tartaruga, polo xeral son escuras con cunchas de cores claras. Son uns animais grandes que poden medir máis de metro e medio de longo e chegan a pesar máis de 200 kilos.
A principal ameaza a que se enfronta a tartaruga verde é o home, este reptil é cazado por a súa carne e os ovos son roubados para usalos como alimento, o cal impide o nacemento de novos exemplares. O home tamén está ameazando o seu hábitat natural coa construción de lugares de recreo e diversión, o cal despraza as tartarugas a zonas menos idóneas para vivir e acaban morrendo. Ademais disto, a pesca é outro dos seus enemigos xa que en moitas ocasións quedan atrapadas nas redes de pesca e acaban afogando.
                 

viernes, 13 de marzo de 2015

Budi, o orangután que estivo encerrado nunha xaula de polos durante dez meses.


Un bebé orangután chamado Budi luchou por manterse con vida tras ser encerrado en un galiñeiro e alimentado durante os dez primeiros meses da súa vida só con leite condensada nun pobo de Indonesia. O pequeno orangután sufiu malformacións no esquelete, inchazóns e as extremidades chegaron a dobrar debido a estar metido dentro da xaula. Por sorte foi rescatado e actualmente veterinarios de unha organización de Reino Unido estano coidando para intentar que a súa saúde se recupere. Cando o atoparon o pequeno tiña lágrimas nos ollos e gritaba de agonía.
A familia que maltratou a Budi non lle deu nin un só alimento sólido en todo o tempo que o mantiveron encerrado, debido a isto o orangután presentaba desnutrición, anemia severa e deformacións que lle impiden moverse e incluso sentarse por si mesmo. Os médicos esperan que estes danos non sexan permanentes.

lunes, 9 de marzo de 2015

Cómo e dónde ver o eclipse solar do 20 de marzo.

                                      

Levamos 10 anos esperando para disfrutar de un fenómeno así en España. O 20 de marzo de esta ano poderase ver un eclipse de Sol desde calquer punto do territorio español. Será o primeiro de esta década, xa que desde o 3 de outubro de 2005 non se disfrutaba de un fenómeno así no noso país. Aquel eclipse deixou imaxes sorprendentes mentras cruzaba a Península Ibérica. No ano 1999, tamén sufrimos un eclipse moi famoso por ser o último eclipse total do milenio. Desta vez será un eclipse parcial, isto significa que a Lúa non tapará por completo o disco solar, en algún momento quedarémonos ás escuras, non será moi evidente pero podese ver de forma segura. Este fenómeno poderase ver ao redor de duas horas, poderá verse dende as 8:57 de mañá ata as 11:29h, isto varia dependendo do lugar de España no que te atopes, por sorte, de toda a Península Ibérica o mellor lugar dende o que se vai ver é na provincia de A Coruña, donde o escurecemento será do 76%.
Para garantizar a observación segura hai que utilizar dous medios, gafas de eclipse ou un telescopio equipado con filtros de cristal óptico, de polímero negro metalizado. As gafas de eclipse son unhas gafas especiales homologadas con unha montura de cartón e uns filtros que eliminan as radiacións solares dañinas para a vista.
                                                                                                                                                                 
             Eclipse total de sol.


martes, 17 de febrero de 2015

Un regulador xenético, responsable de que o cerebro humano sexa de maior tamaño que o dos seus parientes, os chimpancés.

                                  

O tamaño do cerebro humano expandiuse drásticamente durante o curso da evolución, isto aportounos capacidades únicas para usar o lenguaxe abstrato e facer matemáticas complexas, pero ata agora non se sabía como o cerebro humano se agrandou máis que o dos nosos parientes vivos, os chimpancés. Según unha investigación o responsable é un regulador específico da actividade dos xens.
Científicos da Universidade de Duke, demostraron que é posible selecionar os principais cambios no código xenético entre os chimpancés e os seres humanos e observar que afectou no crecemento temperán do cerebro mediante o uso de embrións de ratos.
O equipo atopou que os seres humanos están equipados con pequenas diferencias nun regulador específico da actividade xenética.


lunes, 2 de febrero de 2015

As baleas morren deixándonos unha importante mensaxe, os seus estómagos están cheos de plásticos.

                      
Un cachalote apareceu varado en 2013 nunha illa situada en Holanda, intentaron rescatalo pero finalmente non puideron facer nada por el e morreu. Era un adulto xoven de 13´5 metros de largo que foi levado ao porto Harlington para realizarlle unha necropsia. O cachalote tiña plásticos no seu estómago, algo que se converteu nun fenómeno cada vez máis común.
En marzo de 2013, outro cachalote de 10 metros de lonxitude varou na costa sur de España, este animal tragara 59 tipos diferentes de plásticos os cales pesaban 17 kilos.
Os plásticos máis atopados en este tipo de mortes son os laminados transparentes utilizados na construción de invernadoiros de tomates de Almería e Granada para a súa comercialización a nivel europeo. O resto dos productos son bolsas de plásticos, metros de cordas, tiras de mangueiras, pequenos maceteiros de plantas e latas de plástico de spray.
A causa da morte resulta ser un bloqueo intestinal devido a todos os residuos que se acumulan no estómago, desgraciadamente cada vez aparecen máis casos deste tipo por as nosas costas.