lunes, 15 de diciembre de 2014

O xeo de Groenlandia derretese.

                  

O xigantesco cubo de xeo que cubre a maior parte de Groenlandia con case cinco veces a extención de España, estase derretendo a un ritmo bastante acelerado. Un estudo mostra que a súa masa xeada perde kilómetros cúbicos como para unha  vez augados totalmente encher 110 millóns de piscinas olímpicas cada ano.
Groenlandia é por detrás da Antártida a maior reserva de auga doce do planeta. Estimouse que se todo o xeo que cubre a isla de derretise, o nivel do mar elevaríase máis de seis metros con respecto ao nivel actual. Este suceso non aparecería de golpe pero segun os científicos realizarase de forma continuada.
Ata agora as estimacións están baseadas no casquete xeado de Groenlandia, na evolución de catro dos seus maiores glaciares, cada un deles morrendo en un punto cardinal da isla. Fíxanse no grosor, cambios de altura, ritmo de avance cara ao mar e desxeo destes ríos a cámara lenta. 

miércoles, 10 de diciembre de 2014

Duas estrelas enormes están a piques de fundirse nunha soa.

                            

Unha estrela de unhas 38 veces de masa do Sol e outra un pouco máis lixeira, de unhas 32 masas solares, están tan cerca que comparten unha envoltura. Ámbalas duas orbitan ao redor de un centro de masas común, e acabarán fusionándose nunha única super estrela. 
Será en algúns millóns de anos, nin sequera en decenas de millóns de anos, tendo en conta que eso non significa nada en termos astronómicos xa que o noso Sol ten 4.500 millóns de anos de vida. 
Este sistema binario foi descuberto na Universidade de Alicante por o astrónomo Javier Lorenzo.
Cando as duas estrelas se fusionen, a nova seguirá a súa evolución normal e posiblemente acabe a súa vida en unha gran explosión de supernova.
En canto a fusión aínda non está claro como sucederá, algunhas teorías  suxiren que será un proceso extremadamente rápido, liberando unha enorme cantidade de enerxía en unha especie de explosión. Outras teorías favorecen un proceso menos violento pero en calquera caso, espectacular.

viernes, 5 de diciembre de 2014

Un xen protexe as mulleres latinas do cancro de mama.

                                   

O cancro é unha enfermidade na que a herencia xenética que recibimos dos nosos pais, avós e outros antepasados máis lonxanos poden aumentar as posibilidades de sufrir un tumor. Por sorte tamén hai variantes xenéticas que funcionan como escudo contra algúns tipos de cancro.
Esto é o que descubriron nun estidio con mulleres latinas en EEUU, México e Colombia. Unha mutación que levan ao redor do 20% das latinas reduce o risco de sufrir un tumor de mama en un 40%. Ter duas copias desa variante xenética reduce o risco ata o 80%, aínda que só o 1% das mulleres latinas analizadas tiñan esas doas copias.
                           
Unha muller branca ten un risco do 13% de sufrir esta enfermidade ao longo da vida, unha muller de raza negra, un 11%, e unha latina, ao redor do 9%. A pesar disto as causas da resistencia non están claras.
A variante protectora atopouse despois de analizar o xenoma de 977 mulleres latinas con cancro de mama e comparandoo co de 722 mulleres sans do mesmo grupo étnico.