miércoles, 29 de octubre de 2014

Captan unha fotografía da Terra e a cara agochada da Lúa.


Unha misión espacial esperimental China, Chang'e 5T1, enviou unhas imáxes nunca vistas que amosan a cara agochada da Lúa, cunha vista en segundo plano da Terra. Estas imáxes tomáronse coa cámara de vixilancia dos paneles solares da nave espacial. 
Esta misión lanzouse o 23 de outubro para realizar un voo de ida e volta de oito días ao redor da Lúa e espérase o seu regreso a Terra o día 1 de novembro. A misión é unha proba previa de Chang'e-5, a cuarta sonda luar de China que ten como obxectivo recoller mostras da superficie da Lúa.




martes, 28 de octubre de 2014

Alan Eustace supera o récord de caída libre.


Alan Eustace de 57 anos superou a marca do austriaco Felix Baumgartner lanzándose dende unha altura de 41.150 metros. Ascendeu nun globo de helio sobre o deserto de Novo México (Estados Unidos).
Cando todos críamos que a marca de Felix Baumgartner  era insuperable, dous anos máis tarde, un directivo de Google sacou valor suficiente para ir máis alto. Alan Eustace, vicepresidente de Google, superou o récord de caída libre, e batiu o récord de velocidade de descenso, en total o salto durou 15 minutos a pesar de que tardou duas horas en ascender no globo ata o lugar dende o que se ía lanzar. Ao pouco de comezar o salto rexistrouse unha velocidade de 1.322 km por hora.


O executivo levou un traxe como o dos astronautas diseñado especialmente para soportar altitudes e velocidades extremas, desplegou un paracaídas para tocar terra firme sen golpearse.
Deste xeito quedou atrás o récord de Baumgartner, que o 14 de outubro de 2012 se convertiu no primeiro ser humano en romper a velocidade do son en caída libre ao saltar dende unha altura de 39.068 metros.
O salto foi preparado con discreción durante os últimos anos.





viernes, 24 de octubre de 2014

¿Qué é o cancro?



A palabra cancro quizás sexa unha das palabras máis utilizadas e que máis asusta cando se fala da saúde e do seu contrario, a enfermidade. Cancro é un termo que se emprega para un grupo de enfermidades que teñen un demonimador común: a transformación da célula normal en outra que se comporta de forma moi perigosa para o corpo.
O cancro é unha enfermidade provocada por un grupo de células que se multiplican sen control e de maneira autónoma, invadindo localmente ou a distancia outros tecidos. En xeral, tende a levar a persoa infectada a morte xa que na maioría dos casos non se trata adecuadamente. Na actualidade coñécense máis de 200 tipos de cancro, a pesar disto os máis comúns son os de pel, mama, pulmón e colorrectal.
A malignidade do cancro, é variable, o comportamento das células canceríxenas caracterízase por carecer do control reproductivo, con isto gañan a capacidade de invadir de forma progresiva e por distintas zonas un mesmo órgano e incluso infectando a distancia o que se denomina metástase o que provoca un crecemento e división máis alá dos límites normales do órgano.
As diferencias entre tumores benignos e malignos consisten en que os primeiros son de crecemento lento, e os segundos son de crecemento rápido e se propagan a outros tecidos, na maioría dos casos este cancro repitese tras ser estirpado e provoca a morte nun tempo variable de tempo se non se recibe un bo tratamento. A maioría dos cancros forman tumores sólidos, pero algún como a leucemia non.
O cancro pode afectar a persoas de todas as idades, incluso a fetos, pero o risco de sufrir os máis común aumenta ca idade. O cancro causa cerca do 13% de todas as mortes.

Mario Pérez no cume da ciencia


O boirense Mario Pérez é un dos investigadores galegos máis destacados no momento. Mario é un rostro que inspira esperanza gracias aos seus esforzos, xa que nas súas mans está que moitas das persoas que padecen cancro poidan superar ese duro bache. Licenciado en Odontoloxía é experto en cancro oral e compatibiliza a docencia e a investigación coa súa actividade privada en Vigo.
Sempre foi un estudante exemplar e por iso mesmo case todas as súas notas foron matrículas de honor, ademais disto recibiu o premio extraordinario da Universidade de Santiago de Compostela.
A pesar de todos os seus eloxios, e o alto que está chegando gracias aos seus esforzos, Mario non olvida de donde ven, e por isto que de vez en cando regresa a Boiro para estar coa familia.

miércoles, 22 de octubre de 2014

Un boirense aspira a descubrir a cura para a leucemia


O boirense Gonzalo Blanco Ares, conseguiu este mesmo ano unha beca valorada en 100.000 euros para facer un doctorado nunha universidade de Barcelona. É licenciado en Bioloxía Molecular e Biotecnoloxía por a Universidade de Santiago de Compostela, ademais de diferentes másters que obtivo na univerdidade de Barcelona, de feito o seu proxecto de fin de máster tiña que ver cunha investigación de novas variantes xenéticas relacionadas coa resistencia ó VIH.
Deste xeito a súa intelixencia está máis que demostrada ao longo da súa traxectoria e ó fin logrou un recoñecemento como tal.
O obxectivo destas becas e a incorporacion de xóvenes talentos nacionais e internacionais ás universidades e centros de investigación do país.


viernes, 17 de octubre de 2014

Benvidos

Benvidos, este blogue está creado para a asignatura Ciencias para o mundo comtemporáneo de primeiro de bacharelato.  No blogue amosaremos diferentes historias e noticias que teñan que ver co mundo que nos rodea, esperamos que sea do voso agrado.