viernes, 5 de diciembre de 2014

Un xen protexe as mulleres latinas do cancro de mama.

                                   

O cancro é unha enfermidade na que a herencia xenética que recibimos dos nosos pais, avós e outros antepasados máis lonxanos poden aumentar as posibilidades de sufrir un tumor. Por sorte tamén hai variantes xenéticas que funcionan como escudo contra algúns tipos de cancro.
Esto é o que descubriron nun estidio con mulleres latinas en EEUU, México e Colombia. Unha mutación que levan ao redor do 20% das latinas reduce o risco de sufrir un tumor de mama en un 40%. Ter duas copias desa variante xenética reduce o risco ata o 80%, aínda que só o 1% das mulleres latinas analizadas tiñan esas doas copias.
                           
Unha muller branca ten un risco do 13% de sufrir esta enfermidade ao longo da vida, unha muller de raza negra, un 11%, e unha latina, ao redor do 9%. A pesar disto as causas da resistencia non están claras.
A variante protectora atopouse despois de analizar o xenoma de 977 mulleres latinas con cancro de mama e comparandoo co de 722 mulleres sans do mesmo grupo étnico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario