martes, 17 de febrero de 2015

Un regulador xenético, responsable de que o cerebro humano sexa de maior tamaño que o dos seus parientes, os chimpancés.

                                  

O tamaño do cerebro humano expandiuse drásticamente durante o curso da evolución, isto aportounos capacidades únicas para usar o lenguaxe abstrato e facer matemáticas complexas, pero ata agora non se sabía como o cerebro humano se agrandou máis que o dos nosos parientes vivos, os chimpancés. Según unha investigación o responsable é un regulador específico da actividade dos xens.
Científicos da Universidade de Duke, demostraron que é posible selecionar os principais cambios no código xenético entre os chimpancés e os seres humanos e observar que afectou no crecemento temperán do cerebro mediante o uso de embrións de ratos.
O equipo atopou que os seres humanos están equipados con pequenas diferencias nun regulador específico da actividade xenética.


No hay comentarios:

Publicar un comentario