viernes, 17 de abril de 2015
Comerciantes ilegais deixan orfo a un mono araña.
Este mono araña bebé, de duas semanas de vida quedou orfo devido a que uns comerciantes ilegais mataron a sua nai. Segundo as primeiras investigacións, o mono araña foi entregado a unha persoa "en pago de deuda" polo cal o departamento xurídico do CONAP xa se atopa facendo as dilixencias legais correspondentes ao caso.
A distribución de esta especie é escasa, por o cal forma parte do Listaxe de Especies Ameazadas e do da Convención sobre o Comercio Internacional de Especies de Flora e Fauna Ameazadas.
Tendo en conta a idade actual do animal, necesita coidados particulares, alimentación con biberón e leite especial para o crecemento, polo cal a súa liberación será en uns tres anos.
Polo tanto a cría será trasladada a un refuxio da Asociación de Rescate e Conservación da Vida Silvestres -ASCAS- na provincia de Petén.
miércoles, 15 de abril de 2015
O canguro de Matschie atópase en perigo de extinción.
O seu nome científico é Dendrolagus matschiei, puxéronllo en honor ao biólogo alemán Paul Matchie.
O hábitat natural de esta especie está desaparecendo debido á invasión humana. A súa morfoloxía cambia con respecto á máis coñecida do canguro tradicional que habita en Australia. Teñen un tamaño moito máis pequeno que o de autraliana, pero esta non é a única diferencia, xa que os machos poden alcanzar os 11 kilos de peso e as femias tan só chegan aos 9.
Unha das súas principais características é o pelo dorado nas suas extremidades e no peito, o resto do pelaxe e de cor escuro, as suas orellas son parecidas as do oso e non poseen o sentido do oído moi desarrolado.
A vida destes canguros suele alongarse ata os 14 anos en liberdade, mentras que en cautividade poden chegar a alonxarse ata os 20.
Este tipo de canguro é orixinal da península de Huon, no noreste de Nova Guinea. O continente asiático está plagado de animais en perigo de extinción como o tigre, o oso panda ou o elefante asiático, ao que se suma xa este canguro.
O seu hábitat está nos bosques montañosos de altitudes entre 1.000 e 3.000 metros. A principal ameaza que sofren é a escaseza de alimentos, provocada por a recoleción das poboacións cercanas ao seu medio.
viernes, 10 de abril de 2015
Anémonas
As anémonas mariñas son unha especie de flores pero as cales agochan tras o seu aspecto un gran depredador que cazan presas e xogan un papel vital na vida mariña.
As enémonas son pólipos que se anclan a calquera superficie que elixan con un pé adhesivo como accesorio, chamado disco pedal e ten un corpo que consta de entre dez e centos de tentáculos. A boca téñena no centro do disco rodeada tamén por os tentáculos, estes tentáculos teñen veneno que sea ao exterior mediante un pelo no extremo tan pronto como detecta un perigo ou a comida, teñen unha vesícula que contén todas as toxinas para paralizar a presa.
O sistema de anémona presa e defensa é bastante simple pero moi eficaz, cando tocamos as anémonas teñen un tacto pegaxoso.
Entre a familia das anémonas hai unha gran variedade de forma e color, a maioría delas atópanse ancladas a donde se estableceron orixinalmente aínda que se o desexan poden moverse.

Esta anémona chámase colonial cebra, tamén chamada gorgonia cebra de envoltura raiada.
miércoles, 18 de marzo de 2015
A primeira cría de león branco nacida en Basil cumpre dous meses de vida.
Sua nai rechazouno pouco despois do seu nacemento pero ahora esta cría de león branco convertiuse nunha atración no zoolóxico brasileño de Santa Catarina. A pequena sobreviviu gracias ao desvelo dos seus coidadores e ás tomas de leite de cabra con vitaminas especiais que recibe varias veces ó día.
A pequena chamase Clara e ten dous meses de vida, os seus pais chegaron ao zoolóxico procedentes de Sudáfrica catro anos antes do seu nacemento.
Clara atópase en bo estado de saúde e aislada, de momento, dos demais leóns do zoo, isto débese a extraña mutación que sufriu na cor da pel.
Unha aurora boreal cubre de verde o ceo a noite de San Patricio.
Os astrónomos do colectivo Slooh mostran en directo, dende as 23:00 unha aurora boreal dende Islandia, un dos mellores lugares para captar este fenómeno celeste.
A emisión coincide coa celebración do Día de San Patricio, co que os aficionados á astronomía poden observar na transmisión o ceo nocturno tinguido de verde.
No camiño ás Illas Faroe para relatar o eclipse solar do 20 de marzo, o equipo da expedición Slooh, fará unha parada para emitir as increíbles imáxes de unha aurora boreal en Islandia.
As auroras boreais prodúcense cando o Sol crea vento solar que choca contra a atmósfera da Terra, este fenómeno crea nos polos espectaculares imáxes.
Os meses óptimos das auroras boreais "Polo Norte" son entre setembro e marzo no hemisferio norte e os das auroras austrais "Polo Sur" son de marzo a setembro para os científicos do hemisferio sur.
martes, 17 de marzo de 2015
Qué son os incendios forestais?
Un incendio forestal é un fogo que se extende sen control en terreo forestal afectando ao medio vexetal.
Este tipo de incendios distínguense dos incendios normais por a súa amplia extensión, a velocidade coa que se pode estender dende o lugar de orixe, a súa potencia para cambiar de direción e a capacidade para superar obstáculos como vías públicas, cortafogos...
Algunhas das causas son as seguintes:
- Incendios intencionados: representan o 60-70% dos casos. Normalmente débese a unha queima ilegal, non autorizada, incontrolada ou en algunhas ocasións a casos de pirómanos.
- Neglixencias e cousas acidentais: representan o 15-25% dos casos. Causados por queimas agrícolas, cabichas ou fogueiras mal apagadas.
- Naturais: representan menos do 5% dos incendios. Case sempre se debe a ación dun raio.
- Menos do 2% dos casos débese a un incendio que revive a sua actividade por estar mal estinguido e comezan a arder novas partes.
domingo, 15 de marzo de 2015
A tartaruga verde mariña, en perigo de extinción.
Esta tartaruga atópase protexida en case todo o mundo xa que o seu estado está ameazado, polo tanto é ilegal capturar, danar ou matar este animal. A poboación desta tartaruga localízase en todo o océano Atlántico, pero a maior parte concentrase no Caribe e na costa este do continente americano.
As tartarugas mariñas saen a superficie para aniñar pero a maior parte do tempo atópanse en augas costeiras. En canto a reprodución, este animal pode pór 200 ovos de cada vez, que rompen pasados 45 e 75 meses, a maior diferencia cos seus parentes é que teñen o fuciño mais corto.
Os seus caparazóns están cheos de cores que varian ao longo da vida da tartaruga, polo xeral son escuras con cunchas de cores claras. Son uns animais grandes que poden medir máis de metro e medio de longo e chegan a pesar máis de 200 kilos.
A principal ameaza a que se enfronta a tartaruga verde é o home, este reptil é cazado por a súa carne e os ovos son roubados para usalos como alimento, o cal impide o nacemento de novos exemplares. O home tamén está ameazando o seu hábitat natural coa construción de lugares de recreo e diversión, o cal despraza as tartarugas a zonas menos idóneas para vivir e acaban morrendo. Ademais disto, a pesca é outro dos seus enemigos xa que en moitas ocasións quedan atrapadas nas redes de pesca e acaban afogando.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)

