domingo, 15 de marzo de 2015
A tartaruga verde mariña, en perigo de extinción.
Esta tartaruga atópase protexida en case todo o mundo xa que o seu estado está ameazado, polo tanto é ilegal capturar, danar ou matar este animal. A poboación desta tartaruga localízase en todo o océano Atlántico, pero a maior parte concentrase no Caribe e na costa este do continente americano.
As tartarugas mariñas saen a superficie para aniñar pero a maior parte do tempo atópanse en augas costeiras. En canto a reprodución, este animal pode pór 200 ovos de cada vez, que rompen pasados 45 e 75 meses, a maior diferencia cos seus parentes é que teñen o fuciño mais corto.
Os seus caparazóns están cheos de cores que varian ao longo da vida da tartaruga, polo xeral son escuras con cunchas de cores claras. Son uns animais grandes que poden medir máis de metro e medio de longo e chegan a pesar máis de 200 kilos.
A principal ameaza a que se enfronta a tartaruga verde é o home, este reptil é cazado por a súa carne e os ovos son roubados para usalos como alimento, o cal impide o nacemento de novos exemplares. O home tamén está ameazando o seu hábitat natural coa construción de lugares de recreo e diversión, o cal despraza as tartarugas a zonas menos idóneas para vivir e acaban morrendo. Ademais disto, a pesca é outro dos seus enemigos xa que en moitas ocasións quedan atrapadas nas redes de pesca e acaban afogando.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario