martes, 28 de octubre de 2014

Alan Eustace supera o récord de caída libre.


Alan Eustace de 57 anos superou a marca do austriaco Felix Baumgartner lanzándose dende unha altura de 41.150 metros. Ascendeu nun globo de helio sobre o deserto de Novo México (Estados Unidos).
Cando todos críamos que a marca de Felix Baumgartner  era insuperable, dous anos máis tarde, un directivo de Google sacou valor suficiente para ir máis alto. Alan Eustace, vicepresidente de Google, superou o récord de caída libre, e batiu o récord de velocidade de descenso, en total o salto durou 15 minutos a pesar de que tardou duas horas en ascender no globo ata o lugar dende o que se ía lanzar. Ao pouco de comezar o salto rexistrouse unha velocidade de 1.322 km por hora.


O executivo levou un traxe como o dos astronautas diseñado especialmente para soportar altitudes e velocidades extremas, desplegou un paracaídas para tocar terra firme sen golpearse.
Deste xeito quedou atrás o récord de Baumgartner, que o 14 de outubro de 2012 se convertiu no primeiro ser humano en romper a velocidade do son en caída libre ao saltar dende unha altura de 39.068 metros.
O salto foi preparado con discreción durante os últimos anos.





No hay comentarios:

Publicar un comentario