viernes, 24 de octubre de 2014

¿Qué é o cancro?



A palabra cancro quizás sexa unha das palabras máis utilizadas e que máis asusta cando se fala da saúde e do seu contrario, a enfermidade. Cancro é un termo que se emprega para un grupo de enfermidades que teñen un demonimador común: a transformación da célula normal en outra que se comporta de forma moi perigosa para o corpo.
O cancro é unha enfermidade provocada por un grupo de células que se multiplican sen control e de maneira autónoma, invadindo localmente ou a distancia outros tecidos. En xeral, tende a levar a persoa infectada a morte xa que na maioría dos casos non se trata adecuadamente. Na actualidade coñécense máis de 200 tipos de cancro, a pesar disto os máis comúns son os de pel, mama, pulmón e colorrectal.
A malignidade do cancro, é variable, o comportamento das células canceríxenas caracterízase por carecer do control reproductivo, con isto gañan a capacidade de invadir de forma progresiva e por distintas zonas un mesmo órgano e incluso infectando a distancia o que se denomina metástase o que provoca un crecemento e división máis alá dos límites normales do órgano.
As diferencias entre tumores benignos e malignos consisten en que os primeiros son de crecemento lento, e os segundos son de crecemento rápido e se propagan a outros tecidos, na maioría dos casos este cancro repitese tras ser estirpado e provoca a morte nun tempo variable de tempo se non se recibe un bo tratamento. A maioría dos cancros forman tumores sólidos, pero algún como a leucemia non.
O cancro pode afectar a persoas de todas as idades, incluso a fetos, pero o risco de sufrir os máis común aumenta ca idade. O cancro causa cerca do 13% de todas as mortes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario