viernes, 13 de marzo de 2015

Budi, o orangután que estivo encerrado nunha xaula de polos durante dez meses.


Un bebé orangután chamado Budi luchou por manterse con vida tras ser encerrado en un galiñeiro e alimentado durante os dez primeiros meses da súa vida só con leite condensada nun pobo de Indonesia. O pequeno orangután sufiu malformacións no esquelete, inchazóns e as extremidades chegaron a dobrar debido a estar metido dentro da xaula. Por sorte foi rescatado e actualmente veterinarios de unha organización de Reino Unido estano coidando para intentar que a súa saúde se recupere. Cando o atoparon o pequeno tiña lágrimas nos ollos e gritaba de agonía.
A familia que maltratou a Budi non lle deu nin un só alimento sólido en todo o tempo que o mantiveron encerrado, debido a isto o orangután presentaba desnutrición, anemia severa e deformacións que lle impiden moverse e incluso sentarse por si mesmo. Os médicos esperan que estes danos non sexan permanentes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario