jueves, 6 de noviembre de 2014

Xúpiter volve facernos un guiño.


Xúpiter mostrounos de novo o seu ollo, só en contadas ocasións conseguimos observar o seu guiño.
A mirada do planeta foi descuberta por o telescopio Hubble da NASA que captou este fenómeno en abril pero non foi esta a única vez. Por sorte o ollo de Xúpiter puido ser inmortalizado para ser mostrado ao mundo.
Como mostra a imáxe, na superficie deste planeta resalta un círculo negro, este fenómeno sucede de vez en cando e é cando a Xúpiter lle gusta botarnos un ollo.
As responsables deste fenómeno son as lúas que xiran ao seu redor e que ao interpoñerse entre a lente do telescopio e o planeta crea este efecto ocular.
A mancha de abril era a sombra da lúa Ganímedes, un dos satélites máis grandes que ten Xúpiter en órbita.

No hay comentarios:

Publicar un comentario