viernes, 13 de marzo de 2015

Budi, o orangután que estivo encerrado nunha xaula de polos durante dez meses.


Un bebé orangután chamado Budi luchou por manterse con vida tras ser encerrado en un galiñeiro e alimentado durante os dez primeiros meses da súa vida só con leite condensada nun pobo de Indonesia. O pequeno orangután sufiu malformacións no esquelete, inchazóns e as extremidades chegaron a dobrar debido a estar metido dentro da xaula. Por sorte foi rescatado e actualmente veterinarios de unha organización de Reino Unido estano coidando para intentar que a súa saúde se recupere. Cando o atoparon o pequeno tiña lágrimas nos ollos e gritaba de agonía.
A familia que maltratou a Budi non lle deu nin un só alimento sólido en todo o tempo que o mantiveron encerrado, debido a isto o orangután presentaba desnutrición, anemia severa e deformacións que lle impiden moverse e incluso sentarse por si mesmo. Os médicos esperan que estes danos non sexan permanentes.

lunes, 9 de marzo de 2015

Cómo e dónde ver o eclipse solar do 20 de marzo.

                                      

Levamos 10 anos esperando para disfrutar de un fenómeno así en España. O 20 de marzo de esta ano poderase ver un eclipse de Sol desde calquer punto do territorio español. Será o primeiro de esta década, xa que desde o 3 de outubro de 2005 non se disfrutaba de un fenómeno así no noso país. Aquel eclipse deixou imaxes sorprendentes mentras cruzaba a Península Ibérica. No ano 1999, tamén sufrimos un eclipse moi famoso por ser o último eclipse total do milenio. Desta vez será un eclipse parcial, isto significa que a Lúa non tapará por completo o disco solar, en algún momento quedarémonos ás escuras, non será moi evidente pero podese ver de forma segura. Este fenómeno poderase ver ao redor de duas horas, poderá verse dende as 8:57 de mañá ata as 11:29h, isto varia dependendo do lugar de España no que te atopes, por sorte, de toda a Península Ibérica o mellor lugar dende o que se vai ver é na provincia de A Coruña, donde o escurecemento será do 76%.
Para garantizar a observación segura hai que utilizar dous medios, gafas de eclipse ou un telescopio equipado con filtros de cristal óptico, de polímero negro metalizado. As gafas de eclipse son unhas gafas especiales homologadas con unha montura de cartón e uns filtros que eliminan as radiacións solares dañinas para a vista.
                                                                                                                                                                 
             Eclipse total de sol.


martes, 17 de febrero de 2015

Un regulador xenético, responsable de que o cerebro humano sexa de maior tamaño que o dos seus parientes, os chimpancés.

                                  

O tamaño do cerebro humano expandiuse drásticamente durante o curso da evolución, isto aportounos capacidades únicas para usar o lenguaxe abstrato e facer matemáticas complexas, pero ata agora non se sabía como o cerebro humano se agrandou máis que o dos nosos parientes vivos, os chimpancés. Según unha investigación o responsable é un regulador específico da actividade dos xens.
Científicos da Universidade de Duke, demostraron que é posible selecionar os principais cambios no código xenético entre os chimpancés e os seres humanos e observar que afectou no crecemento temperán do cerebro mediante o uso de embrións de ratos.
O equipo atopou que os seres humanos están equipados con pequenas diferencias nun regulador específico da actividade xenética.


lunes, 2 de febrero de 2015

As baleas morren deixándonos unha importante mensaxe, os seus estómagos están cheos de plásticos.

                      
Un cachalote apareceu varado en 2013 nunha illa situada en Holanda, intentaron rescatalo pero finalmente non puideron facer nada por el e morreu. Era un adulto xoven de 13´5 metros de largo que foi levado ao porto Harlington para realizarlle unha necropsia. O cachalote tiña plásticos no seu estómago, algo que se converteu nun fenómeno cada vez máis común.
En marzo de 2013, outro cachalote de 10 metros de lonxitude varou na costa sur de España, este animal tragara 59 tipos diferentes de plásticos os cales pesaban 17 kilos.
Os plásticos máis atopados en este tipo de mortes son os laminados transparentes utilizados na construción de invernadoiros de tomates de Almería e Granada para a súa comercialización a nivel europeo. O resto dos productos son bolsas de plásticos, metros de cordas, tiras de mangueiras, pequenos maceteiros de plantas e latas de plástico de spray.
A causa da morte resulta ser un bloqueo intestinal devido a todos os residuos que se acumulan no estómago, desgraciadamente cada vez aparecen máis casos deste tipo por as nosas costas.
                                

lunes, 15 de diciembre de 2014

O xeo de Groenlandia derretese.

                  

O xigantesco cubo de xeo que cubre a maior parte de Groenlandia con case cinco veces a extención de España, estase derretendo a un ritmo bastante acelerado. Un estudo mostra que a súa masa xeada perde kilómetros cúbicos como para unha  vez augados totalmente encher 110 millóns de piscinas olímpicas cada ano.
Groenlandia é por detrás da Antártida a maior reserva de auga doce do planeta. Estimouse que se todo o xeo que cubre a isla de derretise, o nivel do mar elevaríase máis de seis metros con respecto ao nivel actual. Este suceso non aparecería de golpe pero segun os científicos realizarase de forma continuada.
Ata agora as estimacións están baseadas no casquete xeado de Groenlandia, na evolución de catro dos seus maiores glaciares, cada un deles morrendo en un punto cardinal da isla. Fíxanse no grosor, cambios de altura, ritmo de avance cara ao mar e desxeo destes ríos a cámara lenta. 

miércoles, 10 de diciembre de 2014

Duas estrelas enormes están a piques de fundirse nunha soa.

                            

Unha estrela de unhas 38 veces de masa do Sol e outra un pouco máis lixeira, de unhas 32 masas solares, están tan cerca que comparten unha envoltura. Ámbalas duas orbitan ao redor de un centro de masas común, e acabarán fusionándose nunha única super estrela. 
Será en algúns millóns de anos, nin sequera en decenas de millóns de anos, tendo en conta que eso non significa nada en termos astronómicos xa que o noso Sol ten 4.500 millóns de anos de vida. 
Este sistema binario foi descuberto na Universidade de Alicante por o astrónomo Javier Lorenzo.
Cando as duas estrelas se fusionen, a nova seguirá a súa evolución normal e posiblemente acabe a súa vida en unha gran explosión de supernova.
En canto a fusión aínda non está claro como sucederá, algunhas teorías  suxiren que será un proceso extremadamente rápido, liberando unha enorme cantidade de enerxía en unha especie de explosión. Outras teorías favorecen un proceso menos violento pero en calquera caso, espectacular.

viernes, 5 de diciembre de 2014

Un xen protexe as mulleres latinas do cancro de mama.

                                   

O cancro é unha enfermidade na que a herencia xenética que recibimos dos nosos pais, avós e outros antepasados máis lonxanos poden aumentar as posibilidades de sufrir un tumor. Por sorte tamén hai variantes xenéticas que funcionan como escudo contra algúns tipos de cancro.
Esto é o que descubriron nun estidio con mulleres latinas en EEUU, México e Colombia. Unha mutación que levan ao redor do 20% das latinas reduce o risco de sufrir un tumor de mama en un 40%. Ter duas copias desa variante xenética reduce o risco ata o 80%, aínda que só o 1% das mulleres latinas analizadas tiñan esas doas copias.
                           
Unha muller branca ten un risco do 13% de sufrir esta enfermidade ao longo da vida, unha muller de raza negra, un 11%, e unha latina, ao redor do 9%. A pesar disto as causas da resistencia non están claras.
A variante protectora atopouse despois de analizar o xenoma de 977 mulleres latinas con cancro de mama e comparandoo co de 722 mulleres sans do mesmo grupo étnico.